DOCUMENTO FINAL DA CAMPAÑA: “S.O.S. DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO!” REMITIDO AO PRESIDENTE DO GOBERNO DO ESTADO ESPAÑOL
O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN DESENVOLVEU UN ACTO PÚBLICO DE PRESENTACIÓN DO DOCUMENTO FINAL DA CAMPAÑA "S.O.S. DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO!" DIANTE DA SUBDELEGACIÓN DE GOBERNO DE A CORUÑA, HOXE, MERCORES DÍA 18 DE XUÑO.
ESTE DOCUMENTO SERÁ REMITIDO DENDE O REXISTRO DESA INSTANCIA
ADMINISTRATIVA AO PRESIDENTE DO GOBERNO DO ESTADO ESPANOL PARA A
SÚA CONSIDERACIÓN E ESTUDO DE CARA A MELLORAR ÁS POLÍTICAS DIRIXIDAS
CARA A ESTE COLECT/VO DENDE AS DIFERENTES ADMINSITRACIÓNS PÚBLICAS.
O documento final da Campaña “S.O.S. DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO!” é o resultado dunha Campaña desenvolvida dende o 29 de Marzo (comezou cun Acto Público en Santiago de Compostela, ese día) ata o pasado 7 de Xuño, no que celebramos un Encontro Final de Traballo, do que saíu aprobado o documento que remitimos ao Presidente do Goberno do Estado Español. Realizamos tamén actos de presentación da Campaña en A Coruña, Ferrol e Boiro, e o documento final da Campaña conta ademáis co respaldo de diferentes grupos, asociacións e entidades como: